jueves, 29 de noviembre de 2007

E agora?

“Na almofada había unha nota. Lin directamente o fondo. Se me queres chamar, aquí queda o meu número (...). Bicos. Asinábao Bea. Tiña unha letra fina e bonita. Arrinquei o anaco co número e enruguei o resto da nota, sen lela. Non quería ler nada. Aínda así, sabía que volvería a estirala e a lela máis tarde. Pero non hoxe. Erguinme e case coma nun acto reflexo busquei o móbil. Acendino. Non, Xoana non chamara de noite.

Desaiunei café con leite. Bebino sen azucrer, pareceume que non era o día de pórlle azucre. Sentinme moi só. Os veciños de arriba andaban en reformas e petaban con forza no teito. Vanmo tirar enriba como sigan así. Pasaba xa da unha. Senteime no sofá e decidín pór en orde os meus pensamentos.

Non sabía por onde comezar. Pasaran demasiadas cousas en pouco tempo. Iso era o que me amolaba. Estaba confuso, non sabía cal tiña que ser o meu seguinte paso. Nese momento sonou o meu teléfono. Respodín sen mirar o número. Si? Falou unha muller de mediana idade. Hola don (...) le llamamos de (...) ¿Estaría usted interesado... Sen colgar pouseino na mesa. A muller seguía preguntando por min dende alí. Teño que chamar a Xoana. Colgueille á compañía aseguradora e marquei o seu número. Como era de esperar, non houbo resposta.

Sentín fame e empecei a comer na ensalada de onte, que aínda estaba alí. Pensei en Bea. Non era a miña intención, ao contrario. Pero colouse no fio dos meus pensamentos sen eu querelo. Sentinme extraño. Arriscárame moito axudándolle, pero merecera a pena. Recordei os seus ollos. Unha fina banda verde rodeando as enormes pupilas negras. Recordei como me miraban e tremían. Levantei a cabeza e vin unha foto de Xoana. Todas as súas fotos a mostraban desafiante. Levanteime e quiteinas unha a unha da parede. Metinas nunha carpeta e seguín comendo. Cando acabei recollín todo. Non quería pensar en nada, así que me centrei en deixar todo ben limpo. Collín os petates e púxenme mans á obra coa cociña. Polo menos isto vai quedar decente. Levaba un par de horas na tarefa cando chamaron de novo por teléfono. Non me movín. Estaba cuberto de suor. O teléfono insistía e eu ignorábao. Non quero ter nada que ver cos demais, nunca... Finalmente deixei violentamente o que estaba a facer e contestei.

Que tal estás? Enterámonos do sucedido. Foi todo perfecto, só o accidente... Estás moi afectado? Tomádevos un tempo, se necesitades calquera cousa aquí estamos, eh? Aínda con todo, agora estamos no momento forte, ben o sabes. Xa non digo ela, pero ti convíñanos que voltases con nós canto antes...

Colguei. Non necesitaba apoio ningún. Non o entendían, non me importaba en absoluto. Chameinos outra vez. Fun rápido e claro. Non vou voltar a actuar. Non lles dei tempo a réplicas, non me interesaban. Apaguei o teléfono e saín á rúa. Paseei sen rumbo ata que se fixo noite. Logo voltei á casa e deiteime.

Pasei un par de días así, sen facer nada. Por sorte, tiña bastantes aforros. Sabía economizar cando actuaba e as asignacións eran altas. Pero non podía seguir así indefinidamente. Unha mañá acordei e decidín cambiar a rutina. Chamei a Xoana, de novo sen resposta. Tirei o móbil contra o chan. Moi ben, seguirei adiante sen ti, Xoana... Segundo dicía iso Bea veu á miña mente. Chegou o momento, pensei. Busquei a nota que me deixara polo chan aquel día e lina. Por sorte non a tirara.

“Estás durmido e eu teño que marchar. Chamaron á porta fai un pouco. Era unha muller, esa que está nas fotografías de toda a casa. Pregoume que non te chamara. Envolta en bágoas díxome que te necesitaba. Que a buscaras. Estará en (...) hoxe e mañá. Dixo que non a chamaras, non quería escoitar excusas. Só que se querías, que foses.

Pola miña banda non sei que dicirche. Cheguei á túa vida demasiado violentamente e así é como vou marchar. Non sei quen é esa muller, pero dende logo non se alegrou de verme aquí, pódocho asegurar. De todas formas non quero que esta sexa a última vez que nos vexamos.”

O resto da nota estaba arrincado. E agora que? Estaba fóra da banda e fóra da vida de Xoana. Só me queda unha opción, pensei. Pero non estaba precisamente disposto a aceptala. Collín unha maleta e metinlle todas as miñas pertenzas. Pechei tódalas ventás e baixei ás persianas. Fun á cociña e abrín o gas. Íame dalí para sempre.

Coma sempre que fuxía, fíxeno en autobús. Mentres esperaba polo meu lin o periódico sen interese. Non hai máis que catástrofes no mundo. Logo pensei que eu contribuía activamente á labor dos xornalistas. Sen desastre non hai nova, non? Logo pensei que ese era un cinismo bastante estúpido.

Por fin chegou o autobús. Mentres saíamos da cidade decidín chamar a Bea.. En canto me recoñeceu notei unha nota de ilusión na súa voz. Falamos un pouco. E logo, queres que nos vexamos? Eu non sabía que contestarlle.

Agora viaxabamos por unha estrada pouco transitada, rodeada de inmensos campos de millo. O sol atravesaba as ventás do autobús sen problemas. Facía unha calor tremenda alí dentro. Na radio dában algún éxito comercial que estaba de moda. Fixemos unha parada e baixáronse varios ocupantes. Quedamos catro. Bea e eu continuábamos falando, agora de cousas sen importancia. Era unha rapaza intelixente, gustábame. Adeús, Bea. Cando acabamos de falar sentinme moito mellor. Facía días que necesitaba falar con alguén.

Horas máis tarde chegamos á miña parada. Baixei e collín un taxi, hoxe non tiña tempo para paseos. Tardei en dar co hotel pero, a base de preguntar, atopeino. Fun á recepción con paso seguro. Atendeume unha rapaza nova. Dirixiume un sorriso agradable mentres consultaba o seu arquivo ao ritmo da música. Eu non coñecía aquela canción. Ever fallen in love with someone... cantaban. Pregunteille de quen era. Nouvelle Vague, contestou. Logo puxo expresión de extrañarse e, sen apartar a mirada dos papeis, preguntoume: Cómo era el nombre? Comecei a inquietarme. Xoana, contestei. Seguiu mirando. Pues a ver si la encuentro. Es que estos días tenemos esto a tope..."

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¬¬
k comeze o show

Anónimo dijo...

k blog mais bonito, k historia tan lograda, como me emociono leendo, non podo durmir pensando no k lle pasara aos persoaxes. estan tan humanizados estes asasinos, xa te namoras deles sen coñecelos, dignos dun gran mestre con unha gran personalidade, a kal estou segura de k esconde tras o nome de xoana e o seu "inseparable" amigo...ç
weno, xa ta ben de mentir.....vaya _ _ _ _ _ _ _ _ _ de blog, ejejejjejejej
é coña,carliños, se sabes k son a primeira en recoñer k o blog é bo, e de todo se pega, k este talento pas letras venche de min, jujujuju
eu non sei k che fixeron x santi, pero tas cambiado de todo....mesmo perdeches ese super poder wicked...si...sintoo, son eu moito meyor en facer sentir mal.....
ainda k ai k decir ó teu favor, k o persoaxe de nome X, meyor non coñeceryo, xk visto o nome de xoana..... :) , e bastante wicked, se fose a EOI; sería un home decente, jejejejejej. despois de ser mala, critikar e decirche k me caes mal, voum, e tan feliz, jejejeje, xk sei k sabes k te aprcio muxo, muxo, muxo...tanto k a confianzaa asco, ejejejejjje.bikos darciño

Unknown dijo...

nene,ben o sabes pero esto cada vez ta+interesante.mira keu antes pouco uso facia de internet e tasme facendo unha viciosiña!en fin, todo sea por unha boa causa!jeje.weno,daki pa diante tesme ke anticipar algo xk con tanto choio casi non teño tempo,pero se non pode ser fagol,non hai problema..hai tema ca bea???je.ou nese capitulo igual sei eu + ca ti!je, k mala son pero reconozo k me gusta marearte algo..aer se me ves ver esta semana k che fago o cafe encantada e solo de pensar k son desas poucas personas que non ten puente deprimome, pero pa eso tades vos asike videme ver e se podo xa tomamos unha pola tua terra!!ah,cando nos vexamos recordame que che faga unha sugerencia pa historia...noraboa campeon.deixame decirche que sigas asi e chegaras mu lejos...hai + arte en ti k no museo do prado my frank!!!bikiños da tua admiradora+grande...vemonos peke