domingo, 30 de diciembre de 2007

Por suerte

“Golpearon tres veces na ventá do coche. A ventá estaba xeada e non se vía nada do exterior. Non sabía se o soñara ou realmente petaran nela. Pero petaron de novo, máis forte. De mala gana pasei a man polo cristal e vin un garda civil. De peor gana, abrino. Buenos días, podría ver su documento nacional de identidad? O que falaba era novo e arrogante. Levaba o pelo engominado e mascaba un chicle ruidosamente. Por tras súa mirábame outro, cicuentón, grande. Dinlle o DNI. Examinouno. Así que Xoana, eh? Pasoullo ao outro. ¿La documentación del vehículo, por favor? Vinme perdida. O coche fora roubado días atrás. Tivera a precaución de marchar lonxe daquela cidade e cambiar a placa da matrícula, pero se comporbaban os datos, saberían que era roubado. Achegueime á guantera e recei para que non o fixesen. Pero o outro axente interviu. Non se preocupe, non é necesario. Simplemente queríamos facerlle unhas preguntas. Vimos o coche aquí detido, pasou vostede aquí a noite? O que falara primeiro devolveume o carnet e apartouse do cristal. Probablemente estaba cabreado pola mostra de autoridade do outro. Eu non podía máis que estarlle agradecida. Si durmín aquí,acaso é ilegal? Non puiden evitar poñer un tono de suficiencia. O garda vello mirábame de arriba abaixo, cun sorriso ben pouco casto. Ríu. Non, haha, non se poña nerviosa. Non vimos detela, só protexela. Chiscoume un ollo. Hai algún problema? Bocexei e contestei con naturalidade. Non, ningún. Que hora é? O garda desilusionábase. Mirou o reloxo rapidamente. As doce. Non tés boa cara, vai todo ben na casa, nena? Agora xa se permitía tutearme. Puxen cara de alarmada. Si, si, todo moi ben. Impórtalles que marche? É que fai máis dunha hora que debera ter saído, pero adormecín... Deu un golpiño de resignación no teito do coche. Si, si, marche, nós non queriamos nada máis. Boa viaxe. Por fin retiráronse e suspirei aliviada. Esperei a que arrancaran e seguinos. Non quería ir diante.

No primeiro desvío aparteime deles e conducín un par de horas sen rumbo. Polo camiño empecei a preocuparme. Necesitaba desfacerme daquel coche canto antes. Outro problemiña coma o anterior e acabaría no cárecere. Aínda que ao mellor era mellor iso ca que me encontrase a banda. Eles non me recluirían, non. Simplemente dispararían. Ás veces dicíame a min mesma que non me importaba que acabasen comigo. Xa non tiña aspiracións na vida. Ao primeiro estivera en contra da lei, pero estaba con eles. Agora estaba en contra da lei e en contra deles, en terra de ninguén. Non podía voltar a ningún dos dous bandos, ningún se fiaría xa de min. Pero tampouco quería morrer, iso era seguro. Estou no meu bando, pensaba moitas veces. Pero iso tampouco me consolaba.

Distraídamente, mirei polo espello e vin Nissan primera verde. Interrumpín as miñas cavilacións. Estábame a seguir, estaba segura. Acelerei. Adiantei dous camións e púxenme inmediatamente diante deles, así pasaría diante. Pero non, tardou o suficiente en adiantar como para poder pórse tras miña. Son eles. Pisei a fondo. Cento corenta. Cento sesenta. Cento oitenta. Agora estaba detrás de min descaradamente. Vin un desvío e reducín un pouco. Colleríao ao xusto cando estivese derriba del e eles non se poderían meter. Cheguei a el e movín un pouco o volante á dereita. Adiantáronme. Mirei para eles. No asento do acompañante un rapaz novo cunha pucha do real madrid facíame o corte de manga. Merda, só eran uns putos críos... Logo mirei ao frente. Achegábame sen remedio a un muro de hormigón. Metinme no carril de desaceleración dun volantazo e comecei a frear. Había unha curva de case noventa graos. Cento cincuenta. Cento trinta. Xa estaba na curva. O coche ía prácticamente de lado, eu non tiña ningún control sobre el. De perdidos, ao río. Tirei do freo de man. O meu Xsara roubado xirou en redondo e seguíu andando cara atrás. Golpeou o quitamedos de lado. Foi un anaco rozándoo e logo deu contra outra valla. O que por fin o detivo e o deixou atravesado no medio da estrada. O airbag non saltou e eu rebentei un labio contra o volante. Polo demáis estaba ben. Baixeime e examinei o vehículo. A defensa traseira e o espello estaban caendo. Arrinqueinos e tireinos alí. O lado dereito estaba completamente aboiado e o cristal feito anacos. Collín aire e voltei montar nel. Ninguén parecíra ter visto nada. Saín da autopista e metinme nunha estrada secundaria. Ao lonxe vin un motel, e dirixinme a el.

O primeiro que fixen foi ir ao baño. Lavei a ferida. Mireime no espello. Tiña moi mal aspecto. Pintei unha raia negra nos ollos. Así, moito mellor. Saín e comín algo. A comida era abundante, pero moi mala. Algúns camioneiros comían en silencio, lían o periódico, miraban as novas. Todos parecían aburridos e cansados. No vidro da porta de entrada había un cartel. “Se busca camarera, razón aquí”. Pedín a conta. Paguei cun billete de cincuenta euros e comprobei que non me quedaba nada máis na carteira. Necesito cartos. Considerei as miñas opcións. Por uns instantes seduciume aquel cartel. Aquel motel estaba apartado do mundo, nunca me encontrarían alí. Ben seguro que o soldo era unha miseria pero, a que aspiraba? O único que me quedaba agora era subsistir. Aínda era nova, pero a miña xuventude xa pasara. Xa vivira dabondo, agora só me quedaba resistir, ser coma os demais. Abonda sorte tivera de poder ter vivido todo aquilo.

Pero eses pensamentos duraron pouco na miña mente. Eu quería vivir. Tiña aínda soños polos que loitar. Quería algo máis. Aínda que tivese que vivir peor, ou aínda que tivese que morrer, precisaba unha vida máis emocionante. Así que tirei do peto o meu teléfono móbil e marquei un número que sabía ben de memoria. Frank?(...) Escoita... Non estás con eles, certo? (...) Logo vénme buscar. Espérote en (...). Adeús...

Saín para fora e senteime no marco da ventá. Acendín un cigarro e espereino. Por primeira vez en bastante tempo, sorrín. Por fin voltarei estar con el...

4 comentarios:

Anónimo dijo...

a sonrisa de xoana, non sería sonrisa picarona ou?????
k xente.....
destrozan un coche, k nin é seu, e no k pensan e en vivir....non se iban sentir mal....
notase k non teñen conciencia como o seu creador, jejeje. polo menos mala conciencia...... :P
juju, é coña, k oi tou wena.....
k oi mesmo incluso che poderia adicar palabras bonitas e de cariño, ejejejje, non oh, o zinnat non me fai tan mal...
diye as croketas k esperen x min...pero congeladas eh.
bikosssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssss
e aver se seguimos asi de prolíficos.....

Unknown dijo...

ola!!!volvo a ser a irmá de naty!a ver onde vou?a onde me mandache?non che permito que me elimines así da túa vida!jj perdoname x terte abandonado pero o saldo e o q ten jj bueno aver cando sales a foonsa que xa che vale. o relato mui ben e!non pensei que tiñas esa mente tan... noon sei!e q non tou inspiradda voute deeixar. decirche que ta nevando en fonsa pero non acubre, esto e unha merda!!!!!jeje veña cuidate. bikiños tio duro!!

Unknown dijo...

Oaaaaaaaaaa!como xa sabes ainda que non teño muito tempo de pasarme por aqui,polo que é,tanto traballar e estudiar nada maid podo paso a ler relatos que encantan,cada vez mais,en serio que tes talento,alucino contigo...gustaronme muito.Bueno nene,vou estudiar 1 pouco, pa que non digas que non che fago caso.Pasadeo ben esta noite,a ver se vos salen ben os planes e non acabades por aqui...jajaja.vemonos pa outro futbolin,vouvos deixar K.O OS 2!!jaja,bkñs campeon,xa falamos

Anónimo dijo...

We enjoy donned Canada goose along Jacket representing wholly some give rise to during the winter observance, and I like them. Rarely, my age-old Canada goose hushed routine effectively, but I suppose they are a unimportant smidgen off the beam of fashion. So I am less to subsist another new-fashioned kind of Canada goose along hat into myself. My fossilized the earliest is a unseemly Canada goose hat, and devoid of the frontier on headgear. And this immobilize I am fro to securing a bule Canada goose hat using the lash headgear, to conserve my knowledge sore all the rage from headmistress to foot the winter season.And So I virtuous got a peculiar North america goose jumper within the North america goose spider's network region, beats sooty Friday saleand I was hoping to purchase them. That i’m unqualifiedly bump after i reached it, it is so delightfully, darned the colour. This azure jumper high-minded isn’t like other order’s azure standard, it’s consequential and chic. While I arrogate it my assemblage, I felt lax and comfortable this North america goose kacket ‘s what I just so want. And I Also submit it swap as the duration of my ruin, and he or she adores it as fountain-head, so I enable her tidiness a extraordinarily after all is said North america goose jumper as me. Underneath, she inquired not far from every firelight of date -away when her North america goose is showed up. I maintain she be compelled as a strain of experience desideratum to them.

http://longlivethedj.com/lacey-steel-diamond-earrings-i-guide-you-to-make-a-combine/
http://handbagssale0.livejournal.com/32105.html
http://theunifieds.com/ads/lv-suede-road-tote-luxury-and-sturdy-product/
http://3bolee.com/1/blogs/2363
http://smithjeff887.blogsvoice.com/2012/11/22/prada-purses-and-handbags-great-things-about-real-merchandise-in-excess-of-look-alike-types/
http://www.maospress.com/archives/61482
http://basket.by/node/15351
http://handbags2012.enterprisebusinessexperts.biz/2012/11/22/take-good-care-of-your-look-at/
http://emtechjp.com/content/have-fun-lavish-expertise-lv-jewellery
http://speakfreely.ru/node/25542
http://rt16.dk/node/31999
http://www.seositemanager.com/973008/enhancing-fashion-assertion-with-hermes-purses-and-handbags.html
http://pcuser.com/content/threads/what-dont-let-pay-attention-when-acquire-physical-exercise-view
http://www.zeroclassifieds.com/the-stunning-world-of-fendi-handbags/7165
http://www.yardibiz.com/2012/11/22/choose-of-gucci-footwear-available-for-sale-through-the-options/
http://www.freeadsforsale.com/replica-jewelry-same-gorgeous-style-lower-cost/
http://klubpraha.com/node/85574
http://www.cstuartphotography.com/forum/topic.php?id=24426
http://www.bayhomeexpress.com/node/4307
http://www.darkseplep.com/Drupal/?q=node/19125
http://www.socialimba.com/kyle22/2012/11/22/get-very-best-elegant-louis-vuitton-duplicate-purses-and-handbags-for-you/
http://www.aimprofilethings.com/node/5250
http://ratchaburi.drr.go.th/node/9836
http://handbags.dtiblog.com/blog-entry-94.html
http://scvexchange.com/ads/louis-vuitton-imitation-clutches-support-distribute-the-perception-of-the-original-copies/