martes, 18 de diciembre de 2007

Non me busques

“Dúas figuras achegábanse ao lonxe, andando paseniñamente. Viñan moi abrigados, deixando as súas pegadas na neve virxe. Como acostumamos a facer a xente das vilas tan pequenas, observeinos con detemento. Que virán buscar? E máis aínda nesta época do ano, que estamos aillados do mundo exterior.

Finalmente ignoreinos e seguín apartando neve coa pá. Era un traballo inútil, pero eu repetíao cada mañá. Facía camiños dende a casa ata os cobertizos, o hórreo... Pola noite voltaba nevar e á mañá seguinte eu facíaos outra vez. É que non tiña moito máis labor, só iso e ir por leña. Cando cheguei xunto dun penedo, senteime. Limpei a suor das tempas co envés da man. Vou vello, non lle hai que facer. Costábame un pouco respirar cando facía esforzos e tiña que parar. Lei de vida.

Os extraños detivéronse á miña beira. Eran novos, unha parella. El alto, cos ollos grandes e a barba forte de dous días. Ela máis baixa, loira, guapa. El semellaba ausente, ela inqueda. Foi ela a que falou. Bo día! Sabe se hai algún sitio por aquí onde poidamos quedar? Mireina de fite en fite. Logo quitei a boina e coloqueina ben. Así que o que querían era parar na Sendiña. Quen o pensaría. Sorrín e non puiden reprimi-la curiosidade. Ha, ha, e logo que se vos perdeu aquí, meus santos? Agora contestou el. Non me miraba, estaba sacando unha foto dun valado nevado. Tal vez tamén meteu no encuadre unha árbore sen follas. Debíalle gustar a neve. Verá, eu son fotógrafo e tamén escribo. Busco tranquilidade, inspiración... A resposta sonou como se a tivese aprendida de memoria. Supuxen que non estaba moi ben da cabeza. Serán un par de hipis destes... Rin de novo. Ai non, aquí tranquilidade has ter ho! Logo centreime no que me preguntaran. Pois non vos sei, neniños, aquí é que che somos catro casas. Hai unha baleira, a do tiu José, diolodescanse, pero teñen as partillas sin amañar, non che sei nin de quen é. Ela meteume prisa. O outro seguía sacando fotos, non parecía importarlle demasiado a conversa. Seica é un artista, si. O que pasa é que os artistas moito pintar e moito Palestina libre, pero logo a ver que hai de cear á noite... Aínda cando que este tiña unha muller como dios manda con el. E con quen poderemos falar, a ver se amañamos? Indiqueilles a que casa tiñan que ir e non aprendín moito máis. Marcharon volao. Só me dixeron que a cousa ía para uns cantos días, non tiñan moita intención de voltar. Estaban cansados da cidade, esta era unha pequena aventura que querían vivir xuntos. Non estaban casados nin nada. Esta xente nova...

Cando se ían, a el tocoulle o teléfono. Contestou con cara de incredulidade. Xoana?? Que tal? Onde estás? Como? A saber con quen falaba. A rapaza mirábao seria. Eu volvín a apartar na neve. Ai amigo, máis dunha muller a un tempo, mal asunto...

5 comentarios:

Anónimo dijo...

escribo eu, xk senon a xente olvidase de ti...
ainda k sabes, k este cacho da historia defraudou...eu keria k pasase algo mais....xk despois de entrar todolos dias durante 2 semanas,unha imaxinase k vai ser unha historia fantástica....jejej
venga, é media coña, ejejje, ta ben, ten orixinalidade e creatividade, ejje, humanizaches o cu do mundo, alias a sendiña.jajajajaj
non te agobies, naide te kere.
xk naceria eu tan chunga??? ou akaso fixenm asi???????????tal vez, tal vez.....a vida ten estas cuestions tan intrigantes.
help, i need somebody....
so lovely....
i feel in love....
this video touched me
you know it's true
son unha toupa motorizada
kerote unha miguilla de pan bimbo do eroski, ejejejje
ou meyor ainda, kerote un "chisco"
chisco rules
fifo style
o dalai lama non minte, eres o branco, so podias selo ti, a naide lle keda meyor o meu pelo, x certo, limpio, limpisimo....impecable, diria eu......
bikiños ceo, juju,ceo lindo
(frikismo matematikiano en estado puro, solo apto para moi moi frikis, si, roy tamen pode, jejejejej)

Unknown dijo...

oa son a erma de naty, a tía dura!!jeje bueno decir a todo cristo que a sendiña non é o cu do mundo e unha maravilla de pueblo o que non vive nel non debería opinar con todos os meus respetos!!!jeje e non defraudou nadiña eh!!!foi un capítulo mui logrado!!ben sabes que desde a sendiña tes todo o apoio!!!decirche tamén que suspendo mates asique aver cando me das unhas clases!!jeje veña a cuidarse e seguir escribindo tan ben!!bo nadal!!bikiños

Unknown dijo...

ola cielo!!tu de examen yeu xaki de parranda!jeje.mui logrado!vexo k xe serviu a foto!toi mu orguyosa de ti!mira ke me gustan os teus relatos e tou enganchada,pero creeme keste emocionoume!gracias por humanizar a sendiña,como din x ai pero hai algo ke me gustaria aclarar pos k andan do outro lado da linea ye ke con todo o respeto do mundo,a sendiña pa falar mal dela hai k conocela,ke xa tamos ben de ke se fale sen saber aki yen madrid!aclarado esto,espero verte maña pa ke pagues ese cafe ke debes e pa falar do tema de sabado k che teño k facer unhas consultiñas sobre o cumpleañero!je.trae a carbayeira o chocolate!jeje.ko roxo xa non aparece nin a de3!jeje.na+nene,noraboa xlo teu traballo.decirxe k vales muito e k na SENDIÑA tes a xente ke mas te kere,x poucas casas k haxa,x muito kse fale da xente,e xmui cu do mundo k ye chamen,tu sabes o khai e chega ok?suerte peke,bsiños ata despos

Ta-ntric dijo...

...Bonito... bonito...

menos mal.. xa me afogaba o non volver a escoitar a xoa aparecer...


uf...

^^

Peqeno...

Un bexiño!^^

Leonardo dijo...

Sí, he tenido un período de descanso introspectivo. Las navidades no me sientan demasiado bien. Pero ya está, vuelvo por aquí. Los días que no trabaje iré colgando capítulos.

Un saludo, Frank !