martes, 4 de diciembre de 2007

Clemencia

“O ascensor detívose no primeiro. Eu vou primeiro ao garaxe, señora. A muller miroume cabreada e entrou. Era unha velliña que non podía baixar nin un só piso andando. Pero eu non lle tiña a culpa, o meu coche estaba no garaxe. En pouco tempo chegamos abaixo. Adeús. Non me parei a esperar unha contestación que sabía que non me ían dar e montei no meu Xsara.

Non me gustaba nada conducir pola cidade, pero tiña que cargar uns trastos da oficina. Por fin, saía daquel tugurio e ía a unha compañía decente. Ou iso parecía. Vin que xa eran as doce e puxen a radio. Quería escoitalas novas, ás veces hai que estar informado.

“A acumulación de gas por un descuido pareceu se-la causa da terrible explosión dun apartamento en pleno centro de (...). Por fortuna o dono non estaba no seu interior cando ocorreu o accidente. Os bombeiros actuaron axiña e non hai que lamentar víctimas, pero a estructura do edificio quedou moi perxudicada e terá que ser derribado. As trinta e dúas familias que vivían ne serán trasladadas ao polideportivo...”

Volvín a apagala. Ai ho, non hai máis ca desgracias. Detívenme nun semáforo. Un sinfín de persoas cruzaron a rúa diante miña. Todos diferentes, vellos, novos, estudantes, pobres... Pensei que os semáforos eran a única cousa que os mantiña unidos. Estaban coma un rabaño á espera de que o solten. Pero saen daí e ódianse. Diante miña unha moto abría gas insistentemente, como querendo apurar a luz verde. Outra púxose ao seu carón e miráronse desafiantes. Aquí hai pique, pensei. Efectivamente, en canto o disco dos peóns se puxo vermello, ámbolas dúas sairon nunha exhalación. Por desgracia, alguén saltara o semáforo do outro cruce e os dous motoristas remataron estampados nun seat ibiza branco. Parecía bastante grave. Baixámonos todos. Un dos motoristas saltara por riba do vehículo e o outro quedara do meu lado. Observeino con detemento. Berraba de dor. No momento do choque levaba o casco colocado nun brazo e, ao caer, partírao sen remedio. Ademais, abrira a cabeza contra o cristal do coche. Tirado no chan e ensanguentado, pedía socorro.

No paso de peóns un vello sorría amargamente, mirándome. Esta xente nova, sempre con prisas... encolleuse de ombros, sorriume outra vez e seguiu andando. Unha adolescente con cara de asustada gravábao todo co seu teléfono móbil. Mirei aos edificios. Os veciños estaban de bruces nos seus balcóns, mirando a desfeita. O rapaz seguía berrando. Ía achegarme a el, pero unha rapaza cruzouse no meu camiño. Era fermosa, pero tiña moi mal aspecto. Parecía levar días sen dormir, tiña os ollos hinchados, o pelo moi desarreglado e a roupa sucia. Sen mediar palabra púxome unha pistola no peito. As chaves e o móbil. Asustoume a súa frialdade. Mireina aos ollos, semellaban faltos de vida. Non parpadeaba. Pareceume que se non lle daba o que quería non ía dubidar en disparar, así que lle dei as chaves e o móbil. Montou no meu coche, deu marcha atrás e desapareceu. Aínda tremendo mirei ao meu redor. Ninguén parecía terse decatado do que me pasara. Sería estúpido berrar, ninguén me faría caso. Fun buscar un sitio dende o que chamar á policía. O rapaz, só, seguía pedindo socorro. Entrei nun bar e sentín chegar unha ambulancia. Menos mal, pensei.”

5 comentarios:

Anónimo dijo...

ui, dios....estarei preparada pa ver o k nos depara esta intrigante historia???????
como non salgas hoxe, non me fales.......

Anónimo dijo...

e kero mais ó roxo...xk parecem moi inxusto k fagas k xoa ye roube o seu xhara e k dous motoristas se estampen contra o "ibiza blanco" do majo de nico,ejejejej

Leonardo dijo...

Intenté leer lo que escribes, pero me resulta imposible entenderlo.

Algún día aprenderé gallego y lo leeré.

Aún sigues la historia de Leonardo?

Todavía me pregunto cómo llegaste a mi fotolog.

Un saludo.

Leonardo dijo...

Le pregunté a una amiga que es de allí, pero que vive en madrid, pero me dijo que no te conocía. Es lo único que se me ocurre. De cualquier manera, me alegro de que hayamos coincidido, sea quien sea el fotolog intermediario.

Leonardo, en algún momento de su vida, nos representa a todos, o eso creo. Supongo que es porque se trata de mi personaje, pero en muchas ocasiones es un fiel espejo de mí mismo, y siento que no es él quién narra su vida, si no que soy yo mismo relatando cómo me gustaría reaccionar a veces y, debido a esa cobardía que nos caracteriza a todos, no logro hacerlo.

En cuanto a la historia, es una mezcla de ambos casos. Al principio tenía varios capítulos escritos, y los iba publicando poco a poco, pero llegó un momento en el que publicaba más rápido que escribía y me quedé sin textos. Lo que decidí entonces fue estar un breve tiempo sin publicar nada y dedicarme a avanzar en la historia. Ahora ya tengo varios capitulos escritos y los iré publicando día a día.

De todas formas, nada es casual, el final lo tenía claro desde el principio. Tengo escrito un guión de la historia, como el esqueleto, y ya la tengo prácticamente terminada, salvo algunos detalles mínimos. Así que el final, y como llegaré hasta él, ya lo tengo bastante claro.

Por cierto, si tienes algún texto tuyo en castellano, podrías animarte a publicarlo aquí. Así al menos podría leer algo tuyo =)

Un saludo!

Unknown dijo...

aer nene!!esto sigue tendo bon xeito! dos coches non ta mal, mentres non che dea de accidentar o meu!!jaja.`pero e evidente que nunca con tan bon chofer fuche que ainda non me tirache a autoestima por ningunha cuneta!je.digan o que digan na tua terra!jeje.o "francés" se che entera de ke andas estampandoye motos contra o seu makinon matate!!jeje.e ke contarche do xara de andres ke dixo ke senon se acidentaba polas curvas da miña terra era porque era bon piloto!jaja.vou ir por ai 1dia asike sane,pero xa te aviso con tempo non vaia ser que me perda en santiago!je.veña encanto,a seguir redactando ke se che da de maravilla!Muaki´s dest lok